Tipado Pato

En programación de computadores, o tipado de pato (duck typing) é un estilo de tipado dinámico no cal o conxunto de métodos e propiedades actuais dos obxectos determinan a sintaxe válida, fronte á herdanza dunha clase particular. O nome deste concepto refírese ó testeo pato, atribuído a James Whitcomb Riley, que se mostra de seguido:

Se camiña coma un parrulo e fai o son coma os parrulos, entón pode chamárselle parrulo.

O duck typing refírese só a aqueles aspectos do obxecto que está empregándose, fronte ós tipos de obxectos en si mesmos. Por exemplo, nunha linguaxe de tipado non-pato, un pode crear unha función que recolla un obxecto de tipo Pato e chamar os métodos camiña e cuaquea. Nunha linguaxe de tipo pato, a función equivalente podería recoller un obxecto de calquera tipo e chamar ós métodos de ese camiña e cuaquea de ese obxecto. Se o obxecto non ten os métodos que son chamados a función devolve un erro en tempo de execución. Esta acción de que calquera obxecto que teña e acepte os métodos camiña e cuaquea é o que evoca á mención e por iso recolle o nome do tipo pato.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy